O Festival Samoeiro será o sábado 26 de xuño

O Festival Samoeiro será o sábado 26 de xuño

16 Xuño 2021/concello/Cultura

O Festival fin de curso da Escola Municipal de Música Samoeiro será o sábado 26 de xuño a partir das 19:30, na área recreativa Samugueiros na Pobra do Brollón.

O festival é unha ocasión para que os e as alumnos/as da Escola de Música poidan xuntarse e amosar o aprendido ó longo do curso.

Aproveitarase a ocasión para facer a entrega dos premios do Certame de Letras Galegas e anteriores pendentes da Biblioteca municipal. Podes consultar a lista de premiados neste PDF

Para facilitar a organización, pregamos confirmar asistencia no teléfono 650 624 828 (preferiblemente por WhatsApp).



RELACIONADO