Novas paradas do Punto Limpo Móbil en setembro

Novas paradas do Punto Limpo Móbil en setembro

14 Setembro 2021/concello/Xeral

O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias para axudar aos veciños e veciñas a reciclar e separar pequenos residuos contaminantes. 

As próximas paradas para o mes de setembro son:

  • Eixón: do 13 ao 15 de setembro
  • Piño: do 16 ao 19 de setembro
  • Óutara: do 20 ao 22 de setembro
  • Canedo: do 23 ao 26 de setembro
  • Pacios: do 27 ao 30 de setembro

Iranse comunicando as sucesivas paradas na web e redes sociais do Concello.

Os refugallos que se poden depositar no Punto Limpo Móbil son os seguintes:

  • Pilas 
  • Medicamentos e os seus envases
  • Lámpadas e tubos fluorescentes
  • Aceite de cociña usado
  • Envases baleiros de pinturas e/ou vernices 
  • Tóners e cartuchos de impresora
  • Aerosois

Pregamos que se procure manter o Punto Limpo Móbil en boas condicións para que toda a comunidade do concello poida facer uso del. 



RELACIONADO