Amplíase o prazo de inscrición nos talleres de memoria e uso do teléfono móbil

Amplíase o prazo de inscrición nos talleres de memoria e uso do teléfono móbil

30 Decembro 2021/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón volve poñer en marcha dous talleres gratuítos: un para traballar a memoria e outro para aprender a usar o teléfono móbil e outros dispositivos. O primeiro está orientado a persoas maiores e persoas con algunha limitación cognitiva e o segundo, a público adulto en xeral. 

Os talleres comezarán a partir de xaneiro e serán na Casa da Cultura 'Olga Novo'. O prazo de inscrición está aberto ata o día 14 de xaneiro 2022. 

O taller de memoria ten por obxectivo mellorar a calidade de vida dos participantes e fomentar as relación sociais, traballando a concentración, a atención e as capacidades cognitivas. Úsanse técnicas diversas como actividades lúdicas grupais, fichas, pasatempos...

O taller de uso do móbil busca instruír no funcionamento básico dos teléfonos e outros dispositivos como tablets. Traballaranse aplicacións sinxelas, como facer xestións, etc. Adaptarase o contido ás necesidades dos participantes.

As persoas interesadas en anotarse ou pedir máis información, poden facelo nas oficinas de Servizos Sociais (Casa da Cultura ‘Olga Novo’ ,1º andar); no teléfono 982430447 ou no correo electrónico educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal

 

 

 



RELACIONADO