O segundo obradoiro de brindos será o venres 3 de marzo na Cantina de Julia

O segundo obradoiro de brindos será o venres 3 de marzo na Cantina de Julia

27 Febreiro 2023/concello/Cultura

Tras o éxito do primeiro obradoiro en xaneiro, o Concello da Pobra do Brollón organiza un novo taller de brindos guímaros. Desta volta será o venres 3 de marzo ás 20:15 na Cantina de Julia, Salcedo.

A formación é a cargo de Sara Marchena, Alba María, Nuria Penas e Lorena Medela. É aberta a todo o mundo, tanto se se asistiu ao primeiro obradoiro como se non. 

Os obradoiros desenvólvense de xeito ameno e participativo, co obxectivo de divulgar a arte do brindo entre un público o máis amplo e diverso posible.

O brindo é un xénero de improvisación oral cantada, propio de terras da Pobra do Brollón así como doutras zonas da montaña lucense e mesmo do Bierzo. 

Tradicionalmente asociábase a vodas e celebracións, e as súas estrofas improvisadas usábanse polo xeral para o eloxio ou a homenaxe. Nos obradoiros búscase respectar a esencia e estrutura do brindo, aínda que ampliando e variando o seu ámbito de aplicación e uso. 



RELACIONADO