A unidade móbil para a ITV de vehículos agrícolas estará na Pobra o 26 e 27 de abril

A unidade móbil para a ITV de vehículos agrícolas estará na Pobra o 26 e 27 de abril

07 Marzo 2023/concello/Xeral

Os días 26 e 27 de abril desprazarase á Pobra do Brollón a Unidade Móbil da ITV para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas.

A Unidade Móbil estará situada na pista que vai ao campo de fútbol no seguinte horario: de 09:00h a 13:30h e de 15:15 a 18:00h.

Para solicitar cita previa no teléfono 902309000 ou a través da web www.sycitv.com no apartado cita previa.

 

 



RELACIONADO