Un novo servizo de recollida domiciliaria de residuos comeza a finais de novembro

Un novo servizo de recollida domiciliaria de residuos comeza a finais de novembro

16 Novembro 2023/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón levará a cabo, de xeito escalonado, un servizo extraordinario e gratuíto de recollida domiciliaria de residuos polas parroquias

Este servizo comezará no mes de novembro do 2023 nas datas que se detallan abaixo.

Para solicitar a recollida deben chamar ao teléfono 982 430 001 de luns a venres de 9:00 a 13:00indicando o nome, teléfono, enderezo, cantidade e natureza dos refugallos a recoller. Despois dende o mesmo Concello, poñeranse en contacto con vostedes para indicarlles a data e hora aproximada a fin de que poidan depositar os residuos fóra para a súa recollida.

Neste servizo non se recollen escombros de obras domiciliarias, nin residuos considerados perigosos segundo a normativa vixente en residuos; tampouco se recolle residuos mesturados en bolsas ou caixas. Si se recollen mobles, electrodomésticos, aparellos eléctricos e electrónicos e outros residuos voluminosos que polo seu tamaño non poden ser depositados nos colectores urbanos.

Rógase a todos os veciños e veciñas a máxima colaboración para manter o noso Concello limpo e saudable evitando depositar calquera clase de residuos en lugares non permitidos, o que causa un gran impacto ambiental, grave deterioro na paisaxe e contaminación dos solos.

Por outro lado, é preciso que o depósito dos residuos se faga do xeito adecuado, deixándoos na rúa o día da recollida e non facer mestura de residuos dentro de bolsas ou caixas, as cales non serán recollidas.

MARTES 28/11/2023

  • SANTO ADRIÁN
  • SAA
  • A VENEIRA
  • FORGAS
  • COVADELAS
  • CASTROSANTE
  • FERREIROS
  • A FERREIRÚA
  • PACIOS DE VEIGA
  • BIDUEDO

MARTES 05/12/2023

  • ÓUTARA
  • CANEDO
  • SANTALLA DE REI
  • VEIGA
  • PIÑO
  • EIXÓN
  • FORNELAS
  • NOGUEIRAS
  • CEREIXA

MARTES 12/12/2023

  • VILACHÁ
  • SANTIORXO
  • GUARIZ
  • LIÑARES
  • PINEL
  • ABRENCE
  • A ESTACIÓN
  • A FRIEIRA
  • BARXA DE LOR

MARTES 19/12/2023

  • PIÑEIROS
  • CASTRONCELOS 
  • MARTUL
  • SALCEDO
  • BEIRÁN
  • LAMAIGREXA
  • VILAR DE PERAS
  • O BROLLÓN
  • A POBRA DO BROLLÓN

MARTES 26/12/2023

  • TUDRIZ
  • RECEMUNDE
  • O PEREIRO
  • DOMIZ
  • PARADA DOS MONTES
 


RELACIONADO