Ábrese a convocatoria de postos para o Mercado Circular Edición Nadal

Ábrese a convocatoria de postos para o Mercado Circular Edición Nadal

27 Novembro 2025/concello/Xeral

O Mercado Circular é unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón para fomentar o consumo local e sostible.

A edición Nadal do Mercado terá lugar o domingo 28 de decembro, con postos de artesanía, produtos da terra e segunda man. Será na Casa da Cultura a partir das 16:00 horas. 

A convocatoria para poñer posto está aberta ata o 12 de decembro. Para solicitalo e/ou para máis información, o teléfono de contacto é 629865663 (preferiblemente por WhatsApp). 



RELACIONADO