O Nadal na Guimaralia vén cargado de eventos para todos os gustos e idades: teatro, música, literatura... Aquí a axenda completa:
- Domingo 21 de decembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura 'Olga Novo'. Isabel Risco presenta As aventuras de Nabiza Girl: O estraño caso da cultura minguante.
- Venres 26 ás 17:30h na Casa da Cultura 'Olga Novo'. Brais das Hortas presenta Consertasso na horta. Público infantil.
- Sábado 27 a partir das 16:00h. Cantos de Nadal polas parroquias de Canedo, Piño e Saa.
- Domingo 28 de 16:00 a 20:30h na Casa da Cultura 'Olga Novo'. Mercado Circular de Nadal.
- Domingo 28 ás 20:30h na Casa da Cultura 'Olga Novo'. Concerto de Peitoescuro.
- Mércores 31 a partir da medianoite na Casa da Cultura 'Olga Novo'. Festa Fin de Ano co Dúo Eclipse.
- Venres 2 ás 20:00h na Casa da Cultura 'Olga Novo'. Presentación de libro: 1140 de María José Tardaguila Sánchez.
- Luns 5 a partir das 17:00h. Os Reis Magos visitan A Pobra do Brollón.
Ademais, os días 22, 23, 26, 29, 30 de decembro e 2 de xaneiro, en horario de 10:30 a 13:30, haberá obradoiros infantís de Nadal na Biblioteca municipal 'Antonio Reboiro'.
Tamén lembramos que o venres 19 remata o prazo para entregar os traballos do Certame de Poesía Infantil de Nadal.
