A Pobra do Brollón súmase á campaña #CaldodeGloria para celebrar o Día de Rosalía

A Pobra do Brollón súmase á campaña #CaldodeGloria para celebrar o Día de Rosalía

Febreiro 24/concello/Cultura

Dende o Concello da Pobra do Brollón, sumámonos á campaña da Fundación Rosalía de Castro para conmemorar hoxe 24 de febreiro o 184 aniversario da escritora. 

Para celebrar o nacemento de Rosalía de Castro, participamos na iniciativa #CaldodeGloria, coa que a Fundación anima á xente a preparar un caldo, inspirado polo poema Miña casiña, meu lar

Agradecemos enormemente a colaboración do cociñeiro e veciño da Pobra do Brollón, Diego Martínez, que neste vídeo dá algúns consellos para facer un ‘caldo de gloria’. 

Animámosvos a miralo e despois facer o voso propio caldo de gloria na casa. Podedes mirar unha proposta de receita que comparte connosco Diego aquí (PDF)

E non esquezas ler algún poema de Rosalía de Castro, como Miña casiña, meu lar, que inspirou esta iniciativa #CaldodeGloria (le o poema neste enlace).



RELATED POSTS