O equipo de axentes ambientais adscritos ao Distrito VIII-Terra de Lemos retoma a atención aos cidadáns e cidadás todos os mércores de 11:00 a 13:00h na Casa do Concello da Pobra do Brollón.
O equipo, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención ao público de xeito altruísta sobre todo tipo de temas relacionados coa xestión forestal e os montes, co obxectivo de achegar a administración autonómica á cidadanía.
Entre os servizos ofertados, inclúense:
Calquera veciño ou veciña do concello pode usar o servizo, e non hai que solicitar cita previa.
Tamén se ofrece atención telefónica en 982 889 122 (oficina central do Distrito VIII-Terra de Lemos).