Melloras na acústica e na eficiencia enerxética das aulas da Escola municipal de Música

Melloras na acústica e na eficiencia enerxética das aulas da Escola municipal de Música

29 Xaneiro 2026/concello/Xeral

A Escola municipal de Música 'Samoeiro' conta agora cunhas aulas con mellor acústica e illamento.

Instaláronse nas aulas uns paneis e cortinas absorbentes acústicos para controlar as reverberacións do son que estaban dificultando gravemente a práctica de instrumentos musicais.

Por outra banda, renováronse as ventás dotándoas de dobre cristal illante e persianas para eliminar o efecto invernadoiro no verán e mellorar a eficiencia enerxética do edificio.

As obras leváronse a cabo grazas ao Plan Deputación de Cooperacion cos Concellos 2025.

 
 


RELACIONADO