ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA A ESCOLA DE MÚSICA

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA A ESCOLA DE MÚSICA

21 Agosto 2018/concello/Cultura

A Escola de Música Samoeiro oferta para o curso 2018-2019 as seguintes materias:

  • Acordeón
  • Coro
  • Iniciación Musical, música e movemento e linguaxe musical para nenos
  • Gaita
  • Percusión tradicional
  • Piano
  • Frauta (de pico, traveseira, frautín e requinta)
  • Baile rexional
  • Formación vocal orientada á participación do seus alumnos no coro da escola

Para formalizar a matrícula deben de acudir á biblioteca pública, na casa da cultura “Olga Novo” en horario de 10.45 a 13.30. Poden matricularse ata o 21 de setembro. Para máis información poden chamar al 982 430 546.



RELACIONADO