En marcha os talleres de manualidades nas parroquias

En marcha os talleres de manualidades nas parroquias

08 Febreiro 2019/concello/Cultura

O Concello da Pobra do Brollón iniciou os talleres de manualidades nas parroquias, mantendo os horarios e lugares nos que se viñan impartindo. As persoas interesadas deben asistir ao lugar da súa parroquia onde de costume se imparten as actividades e facer o pagamento á monitora. A colaboración económica é a mesma que en edicións anteriores, 10 € unha actividade; e 15 € para dúas actividades. Para facer un grupo de traballo en cada parroquia son necesarias 7 persoas, en caso de non facerse grupo, os interesados/as terían que desprazarse a outra parroquia. 

O calendario inicial proposto é o seguinte:

SALCEDO 15:00-17:00 

PACIOS 10:30-12:20 

A ESTACIÓN 15:00-17:00 

EIXÓN 17:00-19:00 

OUTARA 15:00-17:00 

 

A POBRA 19:00-21:00 

CANEDO 17:00-19:00 

 
 

SAA 19:00-21:00 

 

Se nalgunha parroquia o pasado ano no se fixo grupo para a actividade, e este ano si o teñen, deben comunícalo nas oficinas do concello para preparar a actividade.

Nos vindeiros días comunicaremos a posta en marcha e calendario da actividade de ximnasia.



RELACIONADO