Xornada Técnica sobre a Vespa Velutina

Vespa Velutina, Compostela24

Xornada Técnica sobre a Vespa Velutina

20 Marzo 2019/concello/Xeral

O vindeiro sábado, 23 de marzo, ás 17.00 celebrarase na Casa da Cultura “Olga Novo”, unha Xornada Técnica sobre a Vespa Velutina.

Antonio Valea, apicultor e experto en combater a plaga na Mariña, abordará temas como a identificación e diferenciación doutras especies, coñecemento do seu ciclo anual, identificación e métodos para destruír os niños, ou a construción e localización de trampas.

A actividade é de balde e está aberta a todos os interesados.



RELACIONADO