Ábrese o prazo de inscrición no Campamento de Verán

Ábrese o prazo de inscrición no Campamento de Verán

08 Xullo 2020/concello/Xeral

Os nenos e nenas maiores de 4 anos xa se poden anotar ao Campamento de Verán organizado pola Biblioteca municipal. 

O campamento comezará o mércores 15 de xullo ata o 15 de agosto, e será de luns a venres de 11:00 a 13:30. 

As actividades faranse tanto na Casa da Cultura como na área recreativa ‘Samugueiros’.

Participar no campamento ten un custo de 10€ por nenx. As prazas son limitadas, tendo prioridade xs nenxs empadroadxs na Pobra do Brollón. 

O uso de máscara é obrigatoria. Cumpriranse todas as medidas de prevención e seguridade necesarias.

Para máis información ou para inscribirse, hai que contactar coa Biblioteca no teléfono 982 430 546.



RELACIONADO