24, 25 e 26 de abril servizo de ITV para vehículos agrícolas

24, 25 e 26 de abril servizo de ITV para vehículos agrícolas

Febreiro 28/concello/Xeral

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, comunica a través dun bando que os días 24, 25 e 26 de abril se desprazará ao Concello unha Unidade Móbil da ITV para realizar a Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas.

A Unidade instalarase na pista que vai ao Campo de Fútbol e terá o seguinte horario:

Os días 24 e 25 en horario de mañá e tarde, de 9.00 a 13.30 e 15:15 a 18.00. O día 26 unicamente en horario de mañá.

Para solicitar cita previa deben de contactar co teléfono 902 30 90 00 ou no apartado cita previa a través da web.



RELATED POSTS