Aberto o prazo de inscrición no obradoiro de teatro de agosto

Aberto o prazo de inscrición no obradoiro de teatro de agosto

14 Agosto 2023/concello/Cultura

No mes de agosto volve o curso de teatro con Merche Pérez, desta volta cunh nova proposta integradora onde as nenas e nenos e as persoas maiores do Centro de Día da Pobra do Brollón, gozarán do xogo teatral e compartirán unha experiencia de vida lúdica, afectiva e creadora.

O obradoiro está dirixido a nenas e nenos de 4 a 10 anos. Desenvolverase do luns 21 ao xoves 31 de agosto, co seguinte horario: 

  • Luns e mércores de 9 a 12:00
  • Martes e xoves de 9 a 13:00

As participantes contarán cun descanso para xantar.

Información e inscricións na Biblioteca municipal (de luns a venres de 11:00 a 13:30). Tlf. 982430546

Actividade de balde! As prazas son limitadas.



RELACIONADO