Aberto o prazo para solicitar a liña de financiamento do IGAPE dirixida a pemes e autónomos afectados polo COVID-19

Aberto o prazo para solicitar a liña de financiamento do IGAPE dirixida a pemes e autónomos afectados polo COVID-19

Abril 07/concello/Xeral

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a iniciativa que permitirá avalar entre 3.000 e 200.000 euros por cada negocio para atender as necesidades máis inmediatas, como pago de salarios, alugueiros ou impostos.

O IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) activa a liña de financiamento co obxectivo de paliar os efectos do coronavirus no tecido empresarial galego.

As PEMEs e o colectivo autónomo galegos xa poden solicitar os apoios. O prazo de presentación estará aberto ata o 30 de setembro do presente ano.

As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario dispoñible en www.tramita.igape.es.

Pódese solicitar máis información no Servizo de Atención Telemática a través dos teléfonos 900 81 51 51 ou 981 54 11 47. E tamén por correo electrónico en informa@igape.es.

Consulta as bases da axuda na páxina web do IGAPE.



RELATED POSTS