Abre o prazo de matrícula na Escola de Música Samoeiro

Abre o prazo de matrícula na Escola de Música Samoeiro

Setembro 02/concello/Cultura

Chega un novo curso da Escola de Música Municipal Samoeiro, cunha oferta de nove materias, entre as que se inclúe como novidade clases de guitarra. O prazo de matrícula estará aberto dende o 6 ata o 28 de setembro

En tódalas materias excepto coro, pódense facer grupos para adultos e nenos. Ademais, ofrécese unha materia específica de iniciación musical para nenos de 5 a 12 anos.

Ademais das materias xa mencionadas, ofrécense clases de baile tradicional galego, acordeón, gaita, percusión tradicional, frauta e piano. 

O prezo anual da matrícula nunha materia son 90€. Para cada materia adicional, son 45€. Ademais hai un prezo reducido para membros dunha mesma unidade familiar (75€ unha materia e 35€ por cada materia adicional). Enténdese por unidade familiar a formada por unha parella ou os fillos de calquera deles que figuren empadroados no mesmo domicilio.

O pago ten que ser domiciliado obrigatoriamente. Pódese fraccionar o pago. Poden matricularse persoas residentes tanto na Pobra do Brollón como noutros concellos.

A matrícula realízase de xeito presencial na biblioteca municipal sita na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, en horario de 11:00 a 13:30. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 982 430 546.



RELATED POSTS