ACTUALIZACIÓN 30/3 - Datos de Covid-19 no municipio da Pobra do Brollón

ACTUALIZACIÓN 30/3 - Datos de Covid-19 no municipio da Pobra do Brollón

Marzo 29/concello/Xeral

ACTUALIZACIÓN MARTES 30 DE MARZO

Os casos positivos ligados ao gromo detectado no municipio da Pobra do Brollón ascenden a 10, segundo os últimos datos recibidos do Centro de Saúde da Pobra do Brollón. Hai PCR pendentes de resultados de contactos.

As persoas contaxiadas están en illamento domiciliario e os seus contactos en corentena. As persoas con síntomas presentan síntomas leves.

Iremos informando de calquera novidade, tanto de datos de contaxio como de calquera cambio nas medidas sanitarias.

Pregamos moita precaución para evitar calquer novo contaxio que poida poñer en risco a saúde dos nosos veciños e veciñas e aumentar aínda máis a tasa de incidencia do concello.


Actualmente, segundo datos do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, hai 7 casos activos por Covid-19 no municipio.

Os contaxios son resultado dunha reunión familiar. No Centro de Saúde están pendentes de resultados de PCR de contactos das persoas contaxiadas.

Recordamos que segundo as medidas actuais da Xunta, as xuntanzas en espazos privados (por exemplo, domicilios) de persoas non conviventes están prohibidas

En espazos públicos, os grupos de persoas non conviventes están limitados a un máximo de catro persoas en espazos pechados, ou de seis persoas en espazos de ao aire libre .

Consulta as medidas completas actualmente vixentes na Pobra do Brollón na páxina do Sergas.



RELATED POSTS