Actualización 3/9 - Información con respecto ás PCR realizadas na Pobra do Brollón

Actualización 3/9 - Información con respecto ás PCR realizadas na Pobra do Brollón

Agosto 25/concello/Xeral

ACTUALIZACIÓN  3/9

Todas as probas PCR realizadas en persoas residentes na Pobra do Brollón dende a aparición hai 3 semanas de varios gromos de Covid-19 en concellos limítrofes, deron un reultado negativo. Neste tempo realizáronse preto de 60 PCR, aínda que unha parte importante destas débense a probas protocolarias pola incorporación ao traballo de profesionais de certos sectores como a educación ou o sector sociosanitario. 

---

O Concello da Pobra do Brollón comunica que, segundo a información recibida do Sergas, tódalas PCR realizadas en residentes da Pobra do Brollón debido a contacto con persoas contaxiadas a raíz dos brotes en concellos limítrofes, deron un resultado negativo.

Segundo a última información recibida, realizouse un total de 26 probas, todas con resultado negativo. Nos próximos días, por rastrexo de contactos ligado aos gromos activos en concellos próximos, é posible que se realicen máis probas. 

O Concello está en contacto co Sergas e procuraremos comunicar toda información relevante do xeito máis áxil posible.

Queremos incidir na importancia de manter a máxima precaución, seguindo todas as medidas de hixiene e seguridade posibles:

  • Usa a máscara 
  • Desinfecta as mans frecuentemente
  • Practica o distanciamento social e mantén a distancia interpersoal de 2 metros
  • Evita os focos dos gromos
  • Se estiveches en contacto con alguén con síntomas de Covid-19, queda na casa
  • Se tes síntomas, chama ao centro de saúde ou ao 900 400 116


RELATED POSTS