Actualización sobre a situación na Pobra do Brollón respecto á emerxencia sanitaria do coronavirus

Actualización sobre a situación na Pobra do Brollón respecto á emerxencia sanitaria do coronavirus

Marzo 31/concello/Xeral

Hoxe compareceu o noso alcalde Xosé Lois Maceda tras recibir a noticia do primeiro caso positivo de coronavirus no concello, segundo información recibida dende os propios familiares da persoa afectada.

Comunicamos esta nova situación co fin de asegurar a transparencia informativa e reiterar a necesidade de que todos e todas sigamos aplicando as debidas precaucións e medidas fronte ao covid-19, como as indicadas na infografía que incluímos abaixo. 

Na súa comparecencia, Maceda aclarou que se trata dun caso leve de coronavirus e que a persoa afectada e a súa familia están a adoptar todos os protocolos que marcan as autoridades sanitarias.

O vídeo da comparecencia do alcalde: https://youtu.be/YDi6w8lr_p4

Recordamos que dende o Concello ofrecemos un servizo gratuíto de entrega a domicilio de produtos de primeira necesidade (alimentos e medicamentos) para persoas en grupos de risco, que se pode solicitar no teléfono 650 624 828. 

Salientamos a importancia de obter información sobre o coronavirus sempre de fontes oficiais e fiables. O Sergas habilitou unha páxina web para centralizar toda a súa información sobre o covid-19: https://coronavirus.sergas.gal

 



RELATED POSTS