Andaina outoniza polo Camiño de Inverno e xantar

Andaina outoniza polo Camiño de Inverno e xantar

Novembro 27/concello/Cultura

Este domingo día 2 de decembro celébrase a última andaina outoniza deste ano, organizada polo Concello da Pobra do Brollón. Como remate a esta experiencia que resultou se un éxito de participación farase o tramo do Camiño de Inverno de Barxa de Lor a Cereixa.

A saída será ás 10.00 da mañá do restaurante O Fogón en Cereixa, onde un autobús levará aos camiñantes ao punto de inicio. Farase un percorrido liñal de 10 km.  A andaina, que ten, como as anteriores, un custe de 5€, seguirá o trazado do Camiño de Inverno ao seu paso polo concello da Pobra do Brollón, incluindo unha parada no castro de San Lourenzo. Ao remate haberá un viño e pincho no Fogón. Nesta ruta e como colofón ás andainas outonizas celebrarase un xantar no Fogón, a base dun entrante, churrasco, bebida, postre e café. O prezo do xantar é de 15 € e é necesario inscribirse, preferiblemente no momento de inscribirse na andaina, sendo o venres a data límite. O teléfono para inscricións é o 666 435 832.

Participa con nós, nesta última proposta de ruta do 2018. Tamén este sábado rematan as visitas outonizas.



RELATED POSTS