Anunciamos as e os gañadores do certame ‘Cóntanos algo sobre Ricardo Carvalho Calero’

Anunciamos as e os gañadores do certame ‘Cóntanos algo sobre Ricardo Carvalho Calero’

29 Maio 2020/concello/Cultura

O xurado xa anunciou @s gañadores do certame ‘Cóntanos algo sobre Ricardo Carvalho Calero’, organizado pola biblioteca municipal para celebrar o Día das Letras Galegas.

Na categoría ata os 8 anos, a gañadora é Antía. Amanda, Kaira e Daniel gañaron o primeiro, segundo e terceiro premio respectivamente na categoría de 9 a 11 anos. Na categoría de 12 a 16 anos o gañador do primeiro premio foi Senén e o segundo levouno Manuel Ángel.

Parabéns a tódolos gañadores! Os premios entregaranse proximamente,cando a situación epidemiolóxica o permita. 



RELACIONADO