Hai máis dun ano que o mundo é testemuña dun grao inconcibible de morte e destrución na Franxa de Gaza ocupada.
O brutal ataque de Israel contra a poboación palestina de Gaza matou a decenas de miles de persoas, a maioría civís, incluídos nenos e nenas.
Israel está a arrasar barrios residenciais, destruír infraestruturas críticas e desprazar forzosamente a 1,9 millóns de palestinos e palestinas —máis do 90% da poboación da Franxa de Gaza—, causando unha catástrofe humanitaria sen precedentes.
Israel ten en marcha innumerables accións encamiñadas a causar un dano irreparable á poboación palestina, dende as operacións militares israelís en Gaza que comezaron tras os terribles ataques de Hamás, constitutivos de crimes de guerra, do 7 de outubro do ano 2023 que ocasionaron a morte de mais de 1250 persoas e a toma de mais de 250 reféns.
Mentres o mundo mira impasible, Israel rompeu unilateralmente o cesamento do fogo e segue cometendo ataques con impunidade que causan a perda incesante de vidas palestinas mentres a desesperada catástrofe humanitaria en Gaza empeora cada vez máis.
Á luz da urxencia da situación, o Concello da Pobra do Brollón súmase ás esixencias de organizacións humanitarias estatais e internacionais, e pide:
Imaxe de Jaber Jehad Badwan (https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Forced_Displacement_of_Gaza_Strip_Residents_During_the_Gaza-Israel_War_23-25.jpg#/media/File:Forced_Displacement_of_Gaza_Strip_Residents_During_the_Gaza-Israel_War_23-25.jpg)