Charla con cata sobre o viño ‘terroir’ este sábado na Casa da Cultura

Charla con cata sobre o viño ‘terroir’ este sábado na Casa da Cultura

Abril 15/concello/Cultura

Este sábado a Casa da Cultura da Pobra do Brollón acolle unha charla máis cata de viños da Ribeira Sacra a cargo do enólogo Roberto Regal. A actividade centrarase nos viños diferencias fronte aos estandarizados dentro dun mesmo territorio. 

Durante a charla cataranse seis viños que ilustren o tema da charla, con viños máis representativos dos estándares Ribeira Sacra e outros con máis personalidade. Ademais, proxectaranse fragmentos do documental O espertar do viño en Galicia: a volta ao terroir (de Pablo Alonso e Eva Parga). 

O evento está orientado a adegueiros, viticultores e en xeral a todas as persoas que teñan un interese no viño. Comezará ás 19:00 h e o custo é de 5 euros, destinados a cubrir a cata. É imprescindible reservar, no teléfono 650 624 828 (preferiblemente por WhatsApp). 



RELATED POSTS