Charla sobre o conflito palestino a cargo de Fayez Badawi o vindeiro luns 6

Charla sobre o conflito palestino a cargo de Fayez Badawi o vindeiro luns 6

29 Setembro 2025/concello/Cultura
O vindeiro luns 6 ás 20:00 horas na Casa da Cultura 'Olga Novo', o Concello da Pobra do Brollón organiza xunto a Mar de Lumes unha charla de Fayez Badawi, unha voz privilexiada para explicar a situación actual de Palestina, a historia do conflito e o xenocidio en curso que é unha auténtica vergoña para a humanidade.
 
Badawi representa moi ben o drama do pobo palestino. Os seus pais dedicábanse á gandaría de cabras nunha aldea perto de Haifa e foron expulsados da súa casa e das súas terras no ano 1948, para constituír ilegalmente o estado de Israel. El naceu en 1955 nun campo de refuxiados no Líbano.
 
Sendo aínda un adolescente incorporouse á resistencia e á Frente Popular para a Liberación de Palestina, primeiro para facer labores auxiliares e xa logo na súa guerrilla. Desde os anos 80 vive no estado español fuxindo da represión e durante moitos foi portavoz da FPLP para Europa. Actualmente segue a ser un destacado militante que participa en todo tipo de actos para dar a coñecer a realidade de Palestina desde o punto de vista da Resistencia.
 


RELACIONADO