Charla sobre o proxecto ecolóxico de Tanquián este xoves 28

Charla sobre o proxecto ecolóxico de Tanquián este xoves 28

Abril 27/concello/Xeral

Este xoves 28 de abril terá lugar na Pobra do Brollón unha charla sobre Tanquián, un proxecto ecolóxico situado en Ferreira de Pantón. 

O evento enmárcase nunha serie de charlas organizadas polo Concello da Pobra do Brollón para difundir propostas interesantes de arraigamento no rural.

Tanquián orixinouse hai tres décadas da man dun inglés e unha alemá que se mudaron a Pantón para crear un proxecto baseado nos principios da permacultura e a autosuficiencia alimentaria.

Actualmente, a nova xeración de Tanquián traballa na evolución do proxecto, aínda mantendo a esencia ecolóxica e comunitaria. As irmás May e Lily Baker estarán na Pobra do Brollón para falar deste proceso e de alternativas de vida no rural galego. Levarán ademais unha mostra de produtos da finca.

A charla será o xoves 28 ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. O acceso é de balde, previa reserva por chamada ou WhatsApp no teléfono 650 624 828.



RELATED POSTS