Comeza en novembro o servizo de recollida domiciliaria de residuos

recollida residuos a pobra do brollón

Comeza en novembro o servizo de recollida domiciliaria de residuos

Novembro 02/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón recollerá de xeito gratuíto residuos como mobles, electrodomésticos e outros residuos voluminosos que polo seu tamaño non poden ser depositados nos contedores urbanos. Non se recollen escombros de obras domiciliarias nin residuos considerados perigosos segundo a normativa vixente. 

Para solicitar a recollida os interesados deben chamar ao teléfono 982 430 001 de luns a venres de 9:00 a 13:00, indicando o nome, teléfono, dirección, tipo e cantidade de refugallos a recoller. Despois, dende o mesmo Concello, poñeranse en contacto cos interesados para indicarlles a data e a hora aproximada para que poidan depositar os residuos fóra para a recollida.

Con esta recollida búscase a colaboración cos veciños e veciñas para manter o noso Concello limpo e saudable evitando o depósito de refugallos en lugares non permitidos. 

As datas de recollida domiciliaria de refugallos son as seguintes:

Xoves 7 de novembro: A Ferreirúa, A Veneira, Castrosante, Covadelas, Forgas, Ferreiros, Pacios de Veiga, Santo Adrián, Saa, Viduedo 

Xoves 15 de novembro: Canedo, Cereixa, Eixón, Fornelas, Óutara, Piño, Santalla de Rei, Veiga

Xoves 22 de novembro: Abrence, A Estación​, A Frieira​, Barxa de Lor​, Guariz​, Liñares​, Pinel​, Santiorxo​, Vilachá ​

Xoves 29 de novembro: A Pobra do Brollón​, Bairán​, Castroncelos​, Lamaigrexa​, Martul​, Piñeiros​, Salcedo​, Vilardeperas​

Xoves 13 de decembro: Domiz​, O Pereiro, Parada dos Montes, Recemunde​, Tudriz​



RELATED POSTS