Comeza o novo curso da Escola de Música Samoeiro

Comeza o novo curso da Escola de Música Samoeiro

Novembro 12/concello/Cultura

O novo curso da Escola de Música Samoeiro da Pobra do Brollón xa está en marcha. Comeza así o duodécimo curso consecutivo da escola municipal. 

Realizáronse máis de 80 matrículas repartidas nas materias de baile tradicional, pandeireta e canto, percusión tradicional, acordeón, gaita, frauta, piano e linguaxe musical.

“Para nós, inaugurar un novo curso nestas circunstancias complicadas é un enorme éxito. Estamos moi agradecidos aos veciños e veciñas por volver apostar por duodécimo ano pola nosa escola,” declara o concelleiro de Cultura, Ricardo Rodicio. 

“Samoeiro é un lugar de encontro e de facer comunidade, algo que neste ano estraño quizais sexa máis necesario que nunca, obviamente tomando tódalas precaucións pertinentes.”

O alumnado procede tanto da Pobra do Brollón como de concellos limítrofes. As clases desenvólvense con límite de aforo e cumprindo o protocolo de seguridade e hixiene imposto pola actual situación sanitaria.



RELATED POSTS