Comeza a tempada de alto risco de incendios forestais

Comeza a tempada de alto risco de incendios forestais

Xullo 02/concello/Xeral

A campaña de alto risco de incendios forestais en Galicia comezou o 1 de xullo e estenderase ata o 30 de setembro. Isto supón a suspensión das queimas, polo que quedou interrompida a tramitación das comunicacións para as queimas agrícolas, así como a dos permisos para as queimas forestais.

Existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: o 900 815 085. A Xunta pide a colaboración da sociedade denunciando este tipo de accións, a través do teléfono ou directamente ante as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

A maiores, está a disposición da cidadanía o servizo gratuíto 085, ao que se debe chamar no caso de detectar un incendio forestal.

Se vas ao monte, é primordial extremar as precaucións e evitar calquera práctica que implique risco de lume.



RELATED POSTS