Comezan en abril clases de galego multinivel para adultos

Comezan en abril clases de galego multinivel para adultos

24 Marzo 2026/concello/Cultura

O Concello da Pobra do Brollón ofrecerá a partir de abril clases de galego para adultos. As clases comezarán o día 7 de abril e terán lugar todos os martes de 19:00 a 20:30 horas na aula da Escola municipal de Música (no edificio do Albergue municipal, ao carón do colexio). 

Adaptaranse as sesións aos niveis dos e das participantes, dende iniciación ata avanzado. A actividade terá un custo de 15€ ao mes. 

A participación está limitada a 8 persoas. O prazo para anotarse remata o luns 6 de abril, contactando coas oficinas de Servizos Sociais (Casa da Cultura 'Olga Novo', 1ª planta - Tlf.982 430 447).

 



RELACIONADO