Como nos afecta o nivel de restrición máximo que entra en vigor en Galicia esta medianoite

Como nos afecta o nivel de restrición máximo que entra en vigor en Galicia esta medianoite

Xaneiro 26/concello/Xeral

A partir das 00:00 deste mércores 27 de xaneiro, toda Galicia entra no nivel de restrición máxima para frear os contaxios por Covid-19. 

Durante ao menos tres semanas, ata a medianoite do martes 16 ao mércores 17 de febreiro, aplicaranse novas medidas que resumimos a continuación:

  • Interaccións sociais limitadas a conviventes, agás nas actividades xustificadas
  • Mobilidade reducida ao propio concello, agás cando non quede máis remedio (ir ao traballo, a un centro sanitario ou a un centro docente)
  • O toque de queda mantense de 22:00 a 06:00 h
  • Peche da hostalería, agás recollida, servizo a domicilio e comedores laborais
  • Deporte restrinxido a individual ao aire libre, no propio concello e con máscara, con peche dos ximnasios
  • Suspéndese a actividade en calquera establecemento cultural ou de espectáculos
  • Actividades esenciais permitidas (con condicionantes)
    • Sanidade
      • Seguen interrompidas as visitas aos enfermos nos hospitais, agás nos casos en que o precisen por razóns de dependencia ou coidado de menores
    • Educación
      • As universidades non retomarán as clases ata o día 8 de febreiro e de 8 a 17 de febreiro serán en liña
    • Coidado de maiores e menores
    • Traballo
    • Comercio
      • Seguirá funcionando o comercio esencial: supermercados, farmacias, talleres de vehículos, etc. ata as 21:30 h
      • Comercio non esencial: aberto ata as 18:00 h
      • Centros comerciais: pechados a fin de semana

Con motivo destas novas restricións, informamos das seguintes medidas concretas na Pobra do Brollón:

  • A Escola municipal de Música Samoeiro suspende as clases ata novo aviso. Facilitarase material didáctico.
  • A Biblioteca municipal estará pechada ao público. Soamente estará aberto para o servizo de catastro.
  • Os servizos municipais seguen abertos, recomendando unha persoa por consulta e cumprindo coas medidas de distancia e hixiene.


RELATED POSTS