A partir das 00:00 deste mércores 27 de xaneiro, toda Galicia entra no nivel de restrición máxima para frear os contaxios por Covid-19. 
Durante ao menos tres semanas, ata a medianoite do martes 16 ao mércores 17 de febreiro, aplicaranse novas medidas que resumimos a continuación:
- Interaccións sociais limitadas a conviventes, agás nas actividades xustificadas
 
- Mobilidade reducida ao propio concello, agás cando non quede máis remedio (ir ao traballo, a un centro sanitario ou a un centro docente)
 
- O toque de queda mantense de 22:00 a 06:00 h
 
- Peche da hostalería, agás recollida, servizo a domicilio e comedores laborais
 
- Deporte restrinxido a individual ao aire libre, no propio concello e con máscara, con peche dos ximnasios
 
- Suspéndese a actividade en calquera establecemento cultural ou de espectáculos
 
- Actividades esenciais permitidas (con condicionantes)
- Sanidade
- Seguen interrompidas as visitas aos enfermos nos hospitais, agás nos casos en que o precisen por razóns de dependencia ou coidado de menores
 
 
- Educación
- As universidades non retomarán as clases ata o día 8 de febreiro e de 8 a 17 de febreiro serán en liña
 
 
- Coidado de maiores e menores
 
- Traballo
 
- Comercio
- Seguirá funcionando o comercio esencial: supermercados, farmacias, talleres de vehículos, etc. ata as 21:30 h
 
- Comercio non esencial: aberto ata as 18:00 h
 
- Centros comerciais: pechados a fin de semana
 
 
 
Con motivo destas novas restricións, informamos das seguintes medidas concretas na Pobra do Brollón:
- A Escola municipal de Música Samoeiro suspende as clases ata novo aviso. Facilitarase material didáctico.
 
- A Biblioteca municipal estará pechada ao público. Soamente estará aberto para o servizo de catastro.
 
- Os servizos municipais seguen abertos, recomendando unha persoa por consulta e cumprindo coas medidas de distancia e hixiene.