Como nos afectan as medidas sanitarias en vigor en Galicia dende o 17 de febreiro

Como nos afectan as medidas sanitarias en vigor en Galicia dende o 17 de febreiro

17 Febreiro 2021/concello/Xeral

Resumimos as medidas sanitarias que están en vigor en toda Galicia dende hoxe mércores 17 de febreiro ata o día 3 de marzo, segundo anunciou a Xunta de Galicia:

  • Peche perimetral de Galicia
  • Interaccións sociais limitadas a conviventes, agás nas actividades xustificadas, así como:
    • persoas soas poden incorporarse a outra unidade de convivencia
    • menores cos seus proxenitores
    • parellas con domicilios diferentes
    • asistencia a persoas dependentes
  • Mobilidade reducida ao propio concello, agás por causas xustificadas (ir ao traballo, a un centro sanitario ou a un centro docente, trámites inaprazables, retorno ao fogar, adquisición de bens esenciais, coidado de hortas e animais...)
  • O toque de queda mantense de 22:00 a 06:00 h
  • A maioría da hostalería mantense pechada, agás recollida, servizo a domicilio e comedores laborais
  • Deporte restrinxido a individual ou con conviventes ao aire libre, no propio concello e con máscara. Permítese a práctica deportiva federada.
  • Bibliotecas, museos, arquivos, cines, teatros, auditorios... abertos ao 30% da capacidade
  • Educación: O luns 22 de febreiro retómase a actividade lectiva presencial en escolas oficiais de idiomas, escolas de música e danza, centros autorizados de deportes, centros autorizados de artes plásticas, escolas privadas de música e danza...
    • As universidades retoman as clases presencias o 1 de marzo 
  • Comercio: todo comercio esencial e non esencial pode estar aberto ata as 21:30 h
    • Os centros comerciais seguen pechados en sábados, domingos e festivos

Con motivo destas novas restricións, informamos das seguintes medidas concretas na Pobra do Brollón:

  • A Escola municipal de Música Samoeiro retomará as clases presenciais a partir do 22 de febreiro. 
  • A Biblioteca municipal reabre ao público ao 30% da capacidade.

Consulta as medidas no DOG neste enlace.



RELACIONADO