Concentración polo 25 de Novembro

Concentración polo 25 de Novembro

25 Novembro 2021/concello/Xeral

Dende o Concello da Pobra do Brollón facemos unha convocatoria aberta para concentrarse ás12:30 diante da Casa do Concello este 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Gardaremos un minuto de silencio en repulsa contra os actos de violencia de xénero. Animamos a quen acuda a levar algunha peza de roupa negra.

Por outra banda, no CEIP da Pobra do Brollón teremos un contacontos 'Filipa cos Contos. Cambia contos' da compañía Bandullo Azul, un espectáculo para nenxs sobre a igualdade e a non violencia.

25N


RELACIONADO