A Feira Medieval Guímara, máis Guímara que nunca

A Feira Medieval Guímara, máis Guímara que nunca

Xullo 12/concello/Cultura

A escritora da Pobra do Brollón, Olga Novo, vén de publicar no seu bosque de cromosomas, na revista Luzes, “Amada Sombra Guímara”, onde afonda nas orixes da Pobra do Brollón e dos Guímaros. A publicación serve como prólogo á VI Feira Medieval Guímara, xa que a nova documentación que aporta Olga Novo ten que ver con eses conflictos medievais, que orixinan pleitos entre os habitantes da Pobra do Brollón e os Condes de Lemos.

Por primeira vez cóntase cun nome propio, Lope de Ferreiros, para o individuo que despois se converte en mito fundacional da Guimaralia. Atopouse tamén o documento orixinal da “Carta Pobra” no que se fala de que a orixe da Pobra do Brollón estaría en Santalla, anteriormente Santa Eulalia de Rei, arciprestado na Idade Media, e enclave que foi queimado e destruido. Despois fúndase a nova localización en San Pedro de Entrambas Augas, localización actual da Pobra. 

A nova documentación inédita que aporta Olga Novo é moi relevante para a historia do Concello e dos guímaros, e terá especial protagonismo nesta edición da Guímara, xa que despois do pregón da poeta local, Noa MoreiraOlga Novo presentará aos veciños esta documentación e a súa significancia.

Posteriormente, Xosé do Incio e Suso Corenta interpretarán os seus cantos de cego, onde teñen preparado un tema específico para a figura deste primeiro guímaro. Ademais na visita guiada polo casco vello, que fará o arqueólogo, Xurxo Ayán ás 18.30, ofrecerá novas perspectivas apoiadas nestes novos achádegos.



RELATED POSTS