Festival das Letras Galegas

Festival das Letras Galegas

Maio 03/concello/Cultura

O concello da Pobra do Brollón organiza o día 19 de maio o “Festival das Letras Galegas” que este 17 de maio se lle adica a María Victoria Moreno Márquez, autora de literatura galega para xente nova, que foi máis aló coa reflexión que fixo sobre a súa experiencia co cancro, no ensaio Diario da luz e a sombra (2004).

A casa da cultura “Olga Novo” acollerá os actos do Festival a partir das 18.00 h.

Comezarán cunha conferencia a cargo do escritor “Antón Lopo”, despois entregaranse os  premios dos certames de narración e debuxo do Día das Letras Galegas, para rematar coa actuación do grupo “As Searas” e os alumnos da Escola Municipal de Música “Samoeiro”.



RELATED POSTS