Festival fin de curso

Festival fin de curso

Xuño 25/concello/Cultura

Este sábado, 29 de xuño, celébrase o Festival de fin de curso da Escola de Música do Concello da Pobra do Brollón. A cita será ás 18.30 da tarde na casa da cultura Olga Novo e está aberta a todas as persoas interesadas. Este ano a Escola Municipal de Música foi un éxito en canto a inscricións, sendo as materias con máis matrículas: Baile Tradicional, Percusión Tradicional e Gaita. Outras materias ofertadas pola Escola de Música son: Acordeón, Coro, Iniciación Musical, música e movemento e linguaxe musical para nenos, Piano, Guitarra e Linguaxe musical.

Vémonos o sábado para gozar coa música en directo?



RELATED POSTS