A Guimaralia máis corresponsable, tamén no verán

A Guimaralia máis corresponsable, tamén no verán

10 Xuño 2024/concello/Xeral

O programa de conciliación A Guimaralia máis Corresponsable, continúa ao longo do verán. Dende o 24 de xuño ata o 6 de setembro, ofrécense actividades lúdicas e socioeducativas para nenas e nenos entre 3 e 16 anos: xogos e dinámicas de equipo, arte e manualidades, deporte, animación á lectura e apoio socioeducativo. 

O horario das actividades será de 8:00 a 22:00 h de luns a venres, e de 9:00 a 21:00 h os sábados, domingos e festivos.

As actividades son gratuítas. Teñen prioridades as crianzas empadroadas ou que teñan familia directa no Concello da Pobra do Brollón. 

Para máis información e inscricións as familias interesadas poden contactar nas oficinas de Servizos Sociais do Concello, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, 1º andar. Whatsapp 609 00 4451. Tlf. 982 430 447. Email educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal.

O programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables.



RELACIONADO