O novo curso 2021-2022 da Escola municipal de Música Samoeiro comezará o xoves 21 de outubro.
Os xoves haberá clases de acordeón, piano, guitarra e música e movemento. Os sábados serán as clases de baile tradicional, pandeireta e coro. Haberá grupos tanto en xoves como en sábado de gaita e frauta traveseira, así como de percusión.