Información de interese con respecto ao Covid-19

Información de interese con respecto ao Covid-19

Xaneiro 05/concello/Xeral

Na Pobra do Brollón afortunadamente seguimos sen contaxios por Covid-19. Na última semana, segundo datos do Centro de Saúde, realizáronse 18 PCR, todas con resultado negativo. 

De todos xeitos, non debemos baixar a garda. Para este mércores 6 de xaneiro, Día de Reis, lembra que segue vixente o toque de queda entre as 23:00 e as 06:00. 

Recoméndase celebrar o festivo unicamente con conviventes. Porén, no caso de reunirse non conviventes, pódense xuntar 2 unidades de convivencia ata 10 persoas ou (se son máis de 2 unidades) seis adultos e ata 4 menores de dez anos. 

Nas xuntanzas, aplica as medidas de hixiene e seguridade, entre as cales: 

  • Usar a máscara excepto no momento de comer e beber
  • Lavar frecuentemente as mans
  • Non compartir comida, pratos, utensilios, etc.
  • Procurar xuntarse ao aire libre ou en espazos ben ventilados

Consulta máis recomendacións e datos en coronavirus.sergas.gal



RELATED POSTS