Música sen fronteiras con Os Nickis este mércores na Casa da Cultura

Música sen fronteiras con Os Nickis este mércores na Casa da Cultura

02 Setembro 2025/concello/Cultura

A Pobra do Brollón acolle este mércores 3 un concerto de Os Nickis, formación que une Australia e Galicia cun repertorio variado de diferentes estilos e procedencias.

Os Nickis está formado por catro integrantes de Sarria e Australia: Nick Watson, María García, Verónica Quintela e Martín Vázquez. A través da voz, guitarra, bombardino e percusión dan vida a 'ritmos do Caribe, as harmonías do Novo Mundo e a nosa tradición', segundo describen dende a propia formación.

O concerto, organizado polo Concello da Pobra do Brollón, será o mércores 3 de setembro ás 20:30 na Casa da Cultura 'Olga Novo', con entrada libre.



RELACIONADO