Mellora da accesibilidade da Casa do Concello

Mellora da accesibilidade da Casa do Concello

05 Maio 2023/concello/Xeral

Melloramos a accesibilidade da Casa do Concello da Pobra do Brollón. Vaise dotar á Casa Consistorial dun ascensor de baixa velocidade adaptado para persoas con mobilidade reducida, para permitir a accesibilidade universal do edificio.

O ascensor conectará a planta baixa do Concello coas oficinas municipais, situadas na primeira planta. Ata agora, a falta de medios necesarios para a instalación do ascensor implicaba a atención a persoas con mobilidade reducida na planta baixa.

A instalación do ascensor, así como as obras complementarias necesarias, financiaranse nun 30% con fondos do Concello e o restante 70% a través da Xunta de Galicia, ao amparo da subvención para a creación e/ou mellora das infraestruturas vinculadas á prestación de servizos municipais, destinada a concellos de Galicia para o ano 2023.



RELACIONADO