A mostra 'Fontes de solidariedade' xa se pode visitar no exterior do colexio da Pobra do Brollón

A mostra 'Fontes de solidariedade' xa se pode visitar no exterior do colexio da Pobra do Brollón

09 Febreiro 2026/concello/Xeral

A mostra 'Fontes de solidariedade' dá a coñecer iniciativas de cooperación en países da África lusófona, como dotar de auga potable as aldeas de Guinea-Bissau, fomentar a agricultura en Cabo Verde ou previr os ataques dos crocodilos en Mozambique.

Son proxectos impulsados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello da Pobra do Brollón.

A exposición está formada por 6 lonas nas que os textos e fotografías se complementan con debuxos elaborados polo alumnado da escola construída en Guinea-Bissau.

Pódese ver a mostra ata o 15 de febreiro no exterior do colexio da Pobra do Brollón, no valado do patio.

Dende o Concello da Pobra do Brollón agradecemos a colaboración do CEIP Plurilingüe A Pobra do Brollón para a súa instalación.



RELACIONADO