Normas romaría San Vitoiro 2018

Normas romaría San Vitoiro 2018

24 Agosto 2018/concello/Xeral

O 27 de agosto celébrase a tradicional romaría do San Vitoiro, unha das romarías máis tradicionais e atractivas do sur da provincia de Lugo. O escenario será a área recreativa do San Vitoiro na parroquia de Saa. Para garantir que todos gocen da festa e que a contorna se manteña en boas condicións, desde o concello fanse públicas unha normas a ter en conta:

  • Ser respectuoso co Medio Natural. Non modificar o cauce do río
  • Non se permite facer lume
  • Depositar o lixo nas zonas habilitadas con contenedores
  • O persoal da Comisión de festas estará debidamente identificado. Para solventar calquera incidencia diríxanse a eles
  • En caso de emerxencia seguir as instrucións do persoal da comisión de festas.
  • Actuar de forma tranquila e organizada
  • En caso de evacuación nunca dirixirse aos vehículos e obedecer as normas do persoal da comisión de festas, eles o dirixirán a unha zona segura e á espera de medios externos.
  • Disporemos de servizo de ambulancia en horario de 20:00 a 02:00 horas.

Desde  o concello solicítase a colaboración da veciñanza e convídase a todo  o mundo á acudir ao San Vitoiro.



RELACIONADO