As novas condicións trala saída do estado de alarma

As novas condicións trala saída do estado de alarma

Xuño 16/concello/Xeral

A partir de hoxe luns, Galicia entra nunha nova etapa rexida polo Real Decreto lei 21/2020 – que concreta a chamada “nova normalidade” – e polas normas ditadas polo Goberno autonómico, que se poden consultar na resolución publicada no DOG o sábado.

Estes son algúns dos cambios máis importantes entre a fase 3 na que estabamos a semana pasada e a situación actual:

  • Rematan as restricións nas xuntanzas en domicilios ou reunións familiares.
  • A capacidade máxima en lugares pechados como bares, restaurantes, tendas, bibliotecas e museos aumenta ao 75%. Nas terrazas pódese ocupar o 80%. 
  • En locais de hostalería, poden xuntarse ata 25 persoas por mesa ou grupo de mesas.
  • Poden abrir os parques infantís, cunha limpeza diaria e con límites na ocupación.
  • Os eventos deportivos poden abrir ao público cunha capacidade máxima de 75% e 300 persoas en lugares pechados e 1000 ao aire libre.

En todo caso, é obrigatorio manter as medidas de hixiene e limpeza, así como a distancia interpersoal de ao menos 1,5 metros. O uso de máscara cando non se pode manter a distancia de seguridade segue a ser obrigatoria.



RELATED POSTS