O 26 de xuño comeza unha nova recollida de plásticos agrícolas

O 26 de xuño comeza unha nova recollida de plásticos agrícolas

11 Xuño 2024/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón pon ao dispor dos agricultores e gandeiros do municipio unha rede de puntos de acopio para estes residuos que son recollidos polo propio Concello.

O vindeiro 26 de xuño comeza unha nova recollida de plásticos agrícolas, o que se pon en coñecemeto dos/as usuarios/as para que depositen os seus plásticos a fin de que sexan recollidos nesa data.

Lembramos que os agricultores e gandeiros deberán recoller e xestionar correctamente os plásticos agrícolas que xeran na súa actividade.

 A cantidade de plástico agrícola (plástico e bolsas de silo, plástico de invernadoiro) que se xera en Galicia ao longo dun ano é de aproximadamente 7.700 toneladas.

A práctica habitual do vertido ou da incineración de xeito incontrolado supón un problema medioambiental, que orixina un deterioro progresivo e acumulativo do contorno, tendo ademais en conta o impacto paisaxístico derivado da proliferación de puntos de abandono destes materiais.



RELACIONADO