O abastecemento municipal de augas xa ten as condicións hixiénico-sanitarias óptimas

O abastecemento municipal de augas xa ten as condicións hixiénico-sanitarias óptimas

Decembro 16/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón solucionou o incidente que deixou a unha parte dos veciños e veciñas sen poder consumir a auga municipal durante cinco días. 

A auga do abastecemento municipal xa reúne as condicións sanitarias óptimas, tras solucionar un problema de subministro eléctrico dunha potabilizadora que clora a auga dunha decena de parroquias. 

Os temporais da semana pasada causaron unha avaría no tendido eléctrico que chega á potabilizadora de Loureiro, que o Concello solucionou na fin de semana instalando un grupo electróxeno. 

Despois de recuperar o subministro eléctrico, tiveron que pasar uns días ata restablecer as condicións sanitarias óptimas da auga, debido á gran turbidez que presentaba. 

A auga de toda a rede municipal xa reúne as condicións sanitarias óptimas e pódese consumir con total tranquilidade. 



RELATED POSTS