O Club de Cazadores doa material sanitario para combater o coronavirus

O Club de Cazadores doa material sanitario para combater o coronavirus

Abril 08/concello/Xeral

A Sociedade Deportiva Club de Cazadores Pobra do Brollón doou 775 máscaras, 200 batas e 12 litros de xel desinfectante para axudar na loita contra o coronavirus.

Fixeron chegar o material estes días ao Ambulatorio e os Servizos Sociais da Pobra do Brollón, así como ao Hospital de Monforte.

Dende o Concello queremos expresar o noso agradecemento aos membros do Club pola súa solidariedade tan necesaria nestes tempos.

Este material súmase ao material de protección sanitaria adquirido polo Concello e as achegas da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).



RELATED POSTS